EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 9
As imaxes das construcións tradicionais axudarannos a
comprender os antigos modos de vida e a súa adaptación
ás características climáticas do entorno a través da análise
da súa estrutura. Tamén a vexetación, xa que nas zonas con
maior influencia mediterránea predominan as vides, oliveiras ou as sobreiras, mentres que nas zonas altas podemos
atopar especies como o cerquiño, que aguantan mellor
o frío que outros carballos. Así mesmo, veremos como o
aproveitamento agropecuario predomina nas zonas baixas,
fronte a dominancia das plantacións forestais e matogueiras nas zonas máis elevadas e o cambio de usos nas proximidades das vilas e cidades.
deremos apreciar tamén os cambios máis recentes, como
o auxe e declive do ferrocarril en Monforte de Lemos ou
a concentración demográfica nas cabeceiras comarcais
como poder ser o caso de Lalín.
En definitiva, este libro é un excelente compañeiro de viaxe
que nos permitirá entender e valorar a ruta xacobea, axudándonos a interpretar as diferentes paisaxes que atravesará o peregrino ao longo do Camiño de Inverno.
A paisaxe tamén nos axuda a mirar cara o pasado na procura das pegadas de antigas civilizacións que habitaron
o camiño. No libro atoparemos elementos coma o túnel
romano de Montefurado, en Quiroga ou imaxes que nos
indican a expansión do Románico polo rural galego. Po-
9