EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 21
Sen esquecer ao noso poeta Florencio Delgado que cantou
con voz propia nos seus versos as cores púrpuras, ocres,
verdes e amarelas nesa paisaxe do cultivo da vide. Rematando os caldos dos acios no interior da terra e conservándose para ser degustados, xa na súa sazón, na “Festa das
covas” de Vilamartín.
tacando as espadanas de Santo Estevo en A Rúa Vella e
maila Igrexa neogótica de Gaudi en Fontei, para poder
descansar e repor forzas nunha xornada chea de experiencias internas coma da propia paisaxe, que nos permea polos poros e os sentidos e a gravamos na retina. Imaxes que
formaran parte dos nosos soños.
Traen memorias as augas do Malecón en O Barco e mailas
pegadas do románico da Proba e, deixándonos no Bañadoiro, veremos as augas que nos acompañan ata Valencia
sen deixar de escoitar o canto da pedra que pulen os canteiros facendo o arte dos arxinas. Ao chegar á Rúa, o río
ábrese formando unha lagoa de 10 illas, considerada coma
reserva da biosfera, formando unha paisaxe lacustre na que
aniñan as aves, as lontras....
Ao día seguinte o Sol quentaranos a mochila polo carrelo
e veremos paisaxes formadas en eras xeolóxicas pretéritas.
E desexámoslle un bo Camiño! a este fermoso proxecto
que vos leva cara adiante como fotografo da paisaxe infinita destes Camiños que percorren a pegada espiritual da
humanidade, esa eternidade que se reflicte nas augas vivas
e douradas do río Sil.
Este final de etapa espállase nunha longa panorámica, des-
21