EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 20
Paisaxe do Camiño de Inverno
ao seu paso por Valdeorras
Por Mª Asunción Arias
Presidenta da Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras
Dí o poeta Sri Aurovindo nestes versos:
En pura unidad de todo el mundo se funde;
almas eternas,fuerzas sin limite,hallandose
Se unen en danza divina
tejiendo Natura uniforme.
Ritmo del Imperecedero.
Fotografar o instante da luz captada polo ollo que mira o
retrovisor da cámara, é coma ollar a bóveda celeste e captar unha estrela fugaz.
A entrada natural do Camiño de Inverno por Quereño tínguese de vibracións nos cánticos das augas que baixan da
serra da Lastra para xuntarse coas do río Sil.
Faise deus alado o fotógrafo peregrino para amosarnos as
covas cársticas preñadas de memorias, de pasados xeolóxicos mirándose nas espelladas augas do Encoro de Pu-
20
mares, para erguerse “máis enriba, mais aló” mostrándonos
no seu camiñar, tanto pola terra, coma polo ceo, coma polo
ar, as montañas de Carballeda e Casaio arrabuñadas polas
palas; extraendo moura pizarra que viaxa polo planeta cubrindo fogares ao abrigo do lume.
Segue serpenteando o Camiño entre a Ribeira do Sil e maila vía férrea para ollar, dende as alturas, a ponte de Sobradelo e achegarnos cara O Barco cunha vista panorámica
de Éntoma na que se destaca a súa igrexa avermellada de
reminiscencias do Temple.
Encontrámonos co monte Xirimil e as Viasteiras, lembranzas da Vía das Estrelas que nos levan da man polos mapas
do ceo gravados nos petróglifos de Valdeorras e que van
guiando a paisaxe por onde vai o trazado do Camiño de
Inverno.