EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 16
Baixas do monte seguro e confiado
e percorres o Val tal sorprendido
que rompes a cantar emocionado.
E que ti, meu Quiroga, vas ferido
por un amor profundo, delicado,
xeneroso, fidel e compartido.
Atrás deixamos o apracible e agarimoso val de Quiroga e
atrás deixamos o noso Sil para emprender rumbo ás terras
de Lemos. Pasamos antes pola cunca do río Lor e os fermosos bosques que o rodean, ata cruzar por unha ponte
de orixe romana e reconstruída no medievo.
A Pobra do Brollón é a primeira vila que vemos no amplo
val de Lemos. Os seus habitantes son coñecidos por Guímaros, en alusión á rebeldía e levantamento deste pobo
contra a opresión de impostos que sufrían polos Condes
de Lemos.
Os grandes Señores de Lemos habitaron na próxima vila de
Monforte de Lemos que, situada no centro do val, aparece
dende lonxe coroada polo Castelo, coa torre da homenaxe
e mosteiro beneditino de San Vicente do Pino. Todo un reflexo do poderío relixioso e feudal atesourado ao longo da
Idade Media e da constante pugna de ambos polo dominio
sobre estas terras de Lemos.
Sen dúbida, a paisaxe natural deste val aparece marcada no
horizonte por este conxunto monumental de San Vicente,
hoxe parte do Parador Nacional de Turismo de Monforte.
Pola contra, a paisaxe urbana está caracterizada polo Río
16
Cabe, que cruza mansamente esta vila milenaria de norte a
sur para desembocar no Sil.
Traemos aquí un poemiña de Manuel María, Poemiña do río
Cabe, recollido no seu Cancioneiro de Monforte de Lemos:
Ohh Cabe, meu río Cabe.
murmurador e riseiro,
tes a tenrura da ave,
pasas cantor e lixeiro!
Mandou a estrela da sorte
que espallases a cidade.
Cando pasas por Monforte,
vas cheo de vaidade…!
Non lle temes o castelo,
As pontes non te domeñan!
Segues, ufano e sinxelo,
Sen soltas que te deteñan!
¡Corres lixeiro, xentil!
e sen deixar de cantar!
¡Nas augas fondas do Sil!
segues camiño do mar…!
Ouh Cabe, meu río Cabe,
transparente e xogoral:
¡o teu marmurio suave
é cantiga do Val…!
O poderío Condal de Lemos chegaba máis alá deste val,
traspasaba as augas do río Miño, ata as terras chantadinas. Na antesala desta vila do Asma temos a igrexa
románica de San Salvador, que formou parte do mostei-