EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 15
nifestacións culturais e artísticas, procedentes de Europa,
foron entrando por este camiño natural que marca o Sil e
deixando a súa pegada ao longo do Camiño de Inverno.
Incluso na paisaxe que circunda a súa cunca fluvial, son
visibles as pegadas producidas pola explotación aurífera
que deixaron os romanos nos primeiros séculos da nosa
era. Cabe mencionar o conxunto arqueolóxico das Médulas, no Bierzo e a carón do Camiño, declarado Patrimonio
da Humanidade. Pero tamén o túnel de Montefurado, considerado coma unha gran obra de enxeñería romana, que
foi construído para desviar o caudal do río e poder extraer
máis facilmente o rico mineral aurífero das augas fluviais.
Ademais das moitas pontes que cruzan este río e os seus
afluentes, algunhas de orixe romano, que contribúen a decorar esta gran paisaxe.
Como tamén quedou cicelado o propio chan rochoso do
camiño coas marcas das rodeiras dos numerosos carros e
carruaxes de arrieiros e maragatos que por el circularon.
Pois o Sil era un eixo de comunicación entre o Reino de
Castela e o de Galicia, por onde había un fluído comercio
entre ámbolos dous reinos.
Tamén a chegada do ferrocarril a Galicia por esta entrada
do Sil, no ano 1883, trouxo novas marcas na paisaxe, como
son as vías e pontes de ferro.
Podemos afirmar que o río Sil é o gran protagonista da
paisaxe do Camiño de Inverno. O peregrino contempla por
primeira vez as súas augas en Ponferrada, perdéndose in-
mediatamente nun inmenso bosque de chopos do val berciano. Volverá a reencontralo na Ponte de Domingo Flórez,
onde se introduce en terras galegas, converténdose nun
fiel acompañante ao longo de máis de 70 km, ata o val
de Quiroga. Pasa polo fértil val de Valdeorras, cuxas augas
aparecen dominadas polos encoros que a industrialización
trouxo consigo a mediados do século pasado e avanza a
través de suaves ladeiras, por onde se estende o milenario
cultivo de viñedos nos que se producen os apreciados viños “godellos”.
A paisaxe cambia cando o río corre cara o val de Quiroga,
sorteando as onduladas montañas lucenses que o levan a
abrirse camiño entre elas e formar os máis fermosos meandros que se poidan contemplar. Despois das numerosas
voltas e revoltas, chegado ao val quirogués, repón forzas
coas augas do Río Quiroga, que veñen potentes e cristalinas da serra do Courel. O gran poeta Manuel María loaba
este fermoso río Quiroga no seu libro Sonetos ao Val de
Quiroga:
Meu río Quiroga, pequeno e algareiro,
que eres o reiseñor de todo o Val:
se é tan esguío e breve o teu caudal,
¿cómo é que pode ser tan cantareiro?
Ese teu canto, sinxelo e natural,
que ten un non sei qué de milagreiro:
¿cecáis cho deprendeu o abeneiro
ou ensinoucho, tal vez, o salgueiral?
15