EXAMPLE PAGE - EBOOK - Camino De Inverno - Flipbook - Página 14
Introdución ao Camiño de Inverno
Por Aida Menéndez
Presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Baixo o título Paisaxe do Camiño de Inverno, este libro
eminentemente fotográfico de Adolfo Enríquez, ofrécenos
unha ampla e fermosa colección de imaxes que o autor,
con grande sensibilidade, soubo extraer do basto abano
de recunchos naturais cos que nos sorprende o Camiño de
Inverno. A través da súa mirada e do foco da súa cámara,
podemos gozar da belas estampas desta ruta xacobea e
valorar, aínda máis, a fermosa paisaxe que envolve ao Camiño de Inverno.
As paisaxes do Camiño de Inverno veñen marcadas pola
singular orografía que reviste esta parte do territorio, fundamentalmente na Ribeira Sacra. Aquí, o pregamento alpino motivou fai millóns de anos a formación dos dous grandes ríos galegos: o Miño e o Sil.
O río Sil sinálanos o camiño natural para entrar en Galicia e, a medida que penetra no territorio, baixa a través de
profundas gargantas formando os admirados Canóns do
Sil na Ribeira Sacra. Un camiño natural que xa escollían os
peregrinos medievais cando chegaban ás portas do Reino
14
de Galicia, en Ponferrada, seguindo a súa cunca fluvial para
evitar pasar polos cumes nevados do Cebreiro.
O encontro co río Miño non terá lugar ata a metade deste
camiño de peregrinación, en Belesar, un dos pobos máis
pintorescos desta ruta, que se estende a ambas beiras do
río, unido por unha ponte que o peregrino terá que atravesar no seu percorrido a Compostela.
En pleno corazón da Ribeira Sacra, preséntaselle ao camiñante unha paisaxe espectacular, difícil de esquecer. Trátase dunha paisaxe cultural, produto da simbiose entre a
natureza e o ser humano. Este último, ao longo de séculos,
soubo transformala e adaptala para o cultivo da vide, construíndo bancais que salvasen as pronunciadas pendentes
que colgan de ambas ladeiras do río.
Xustamente coa categoría de paisaxe cultural se quere alcanzar o distintivo de Patrimonio da Humanidade para a
Ribeira Sacra, un territorio salpicado de numerosas igrexas
románicas, restos dos antigos cenobios que por aquí se
asentaron para vivir unha vida ascética. Estas e outras ma-